Gris con pespuntes negros

Cada bodegón, un retrato. Cada retrato, a historia dunha muller da miña familia.

Elas son:

Carmen
Bárbara
Emilia
Leonor
Blanca

Avoa
Eu

Tras recoller a miña historia familiar a través da memoria de miña avoa, acho converxencias e puntos de conexión entre as mulleres que me anteceden. Esta unión está dada pola dor que a convivencia cos homes produce. Pode ser a morte violenta do marido, o amor dun pai, o maltrato físico e psíquico da parella ou a situación política que lles tocou vivir.

Como unha sorte de homenaxe cara elas, pero sen apartarme da miña propia definición, da búsqueda do eu e de atoparme e (re)coñecerme nelas, realizo esta serie de sete bodegóns que, aínda conformando un todo ben fechado, se pode dividir en dúas partes.

A primeira, son os primeiros cinco bodegóns con nome de muller. En cada un deles, unha muller que non coñecín pero que forma parte da miña familia, queda retratada ante a súa ausencia con obxectos claves na súa historia vital, obxectos que supuxeron un antes e un despois no seu transcorrer ata a morte.

A segunda parte son “Avoa” e “Eu”.  “Avoa” é un retrato da memoria de miña avoa, dos seus recordos, grazas aos cales puiden ter realizado dito proxecto. O meu autorretrato é o que queda no espazo actual desas mulleres, os rastrexos que o traspaso da memoria e o tempo deixan, as feridas que as súas historias me deixaron en herdanza. 

As historias delas son:

Carmen

Pan de broa; o seu pai percorría a pé sesenta quilómetros para levarlle un molete recén cocido.

Ajax; xabrón empregado polo seu marido para limparlle os xenitais mentras sufría de cancro.

Bárbara

Formas; o seu marido era zapateiro, con el tivo quince fillos dos que só sobreviven oito.

Terra; ela abandonou o seu oficio de costureira tras casar e ter que traballar a terra para subsistir.

Emilia

Bastidor con tea e metro; ela era costureira.

Pó de wolframio e metro; tras coser para os donos das minas de Fontao recibiu unha parcela de wolframio que lle valeu como dote para casar cun home que a maltratou e abandonou.

Leonor

Cunca e taza de viño; ela rexentaba unha taberna.

Carné de Falanxe; supostamente o seu marido era un somatén.

Blanca

1 ducia de ovos, 1 litro de leite e 1 queixo; é o que portaba o seu marido cando foi asasinado por solados castristas en Cuba.

Siguiente
Siguiente

Auga