Instalei o meu estudio de creación fotográfica nunha casa familiar coñecida entre as súas habitantes como a casa de arriba. Nela sempre se combinou vida familiar cos oficios de cada quen e isto leva sendo así dende os meus tataravós ata o día de hoxe.

Logo de nove anos de formación e traballo e tras vivir noutras vivendas, pouco a pouco volvín habitar a casa enchéndoa con novos proxectos, con disparos de cámaras e destellos de flash no estudio.

Podo dicir con total seguranza que foi aquí onde me percatei de ser, ao fin, fotógrafa.

 

Pilar Abades.