Gangurru

Realizado por Pablo Prado e Pilar Abades.

 

Comezaba o verán do 2011 e daquelas entrenabamos todos os días para atopar historias das que non tiñamos información. Estabamos obsesionadas por resolver enigmas e por contestar as preguntas que as imaxes do pasado nos facían.

E coas nosas teimas viaxamos ata Lisboa, alí reservamos un cuarto preto da estación Santa Apolonia e durante un par de días camiñabamos ata a Rúa Rafael Andrade para asistir a un curso de documentación fotográfica.

Nesa mesa rúa e nun contedor de escombros repousaba un álbum de fotos e unhas cintas VHS de música soukous. Sentimos que era un agasallo para nós e seis anos despois seguimos intentando construír o relato que agocha entre as súas páxinas.

Nese intento de relato afloraron as nosas inquedanzas internas, establecendo un diálogo de nós cara nós e aceptando que se está a falar máis de quen interpreta que de quen é interpretado.

Gangurru é o noso non te entendo cara este anaco de vida allea.