Alfredo, o tío da miña avoa

Alfredo era un tío de miña avoa que emigrou a Cuba. Despois de 38 anos sen pisar a terra natal voltou empurrado pola revolución. Atravesou o Atlántico no Santa María e chegou a Vigo cunha maleta de man chea de dólares no seu interior enterrados nun falso fondo, algún obxecto persoal, roupa e fotografías.